Programa de conciliación e corresponsabilidade familiar | Patronato Concepción Arenal
Patronato Concepción ArenalFerrol · Desde 1906
Programa de conciliación e corresponsabilidade familiar

Programa de conciliación e corresponsabilidade familiar

Servizo gratuíto de coidado, apoio escolar e actividades para a infancia orientado a facilitar a conciliación e previr o fracaso escolar en Ferrol.

En que consiste o servizo

O Programa de conciliación e corresponsabilidade familiar do Patronato Concepción Arenal é un espazo seguro de atención á infancia e inclusión social en Ferrol. Está deseñado para apoiar ás familias mentres os proxenitores ou titores traballan, realizan cursos de formación para o emprego ou deben acudir a xestións e citas prioritarias.

Co fin de ofrecer unha atención integral e garantir a igualdade de oportunidades dos nenos e nenas, o servizo desenvolve tres liñas principais de actuación:

  • Apoio escolar e educativo: Seguimento personalizado para a realización de tarefas escolares, resolución de dúbidas e reforzo pedagóxico para previr o fracaso académico.
  • Actividades lúdicas e obradorios: Dinámicas grupais, xogos educativos e actividades de tempo libre que fomentan a socialización, o respecto e a convivencia intercultural.
  • Acompañamento físico e xestións: Acompañamento dos menores en traslados ou citas médicas cando as familias carecen de redes de apoio ou se enfrontan a barreiras idiomáticas e culturais.

Este programa desenvolvese no marco das iniciativas públicas de conciliación promovidas a través do Plan Corresponsables en colaboración coas administracións públicas.

Requisitos para acceder ao programa

Para poder solicitar praza neste servizo, as familias deben cumprir as seguintes condicións:

  • Idade dos menores: Nenos, nenas e mozos comprendidos entre os 4 e os 16 anos.
  • Empadroamento ou residencia: Estar residindo ou empadroado no concello de Ferrol ou na súa comarca.
  • Xustificación da necesidade: Acreditar a necesidade de conciliación para o desempeño laboral, a asistencia a cursos de formación ocupacional ou a realización de xestións prioritarias (sociais, médicas ou administrativas).

📌 Solicitude de cita e orientación

Se desexas participar neste programa de integración sociolaboral ou solicitar atención personalizada co equipo técnico:

👉 Solicitar cita no programa de integración laboral