
Xornadas de Estranxeiría e Ámbito Laboral
Información, dereitos e emprego para persoas migrantes nas xornadas organizadas polo Patronato Concepción Arenal e o Concello de Ferrol.
No marco do 120 aniversario do Patronato Concepción Arenal (1906-2026) e en colaboración co Concello de Ferrol, anunciamos a celebración das Xornadas de Estranxeiría e Ámbito Laboral, un espazo informativo e de orientación dirixido a achegar solucións prácticas e dereitos fundamentais ás persoas migrantes da nosa comarca.
O encontro terá lugar o vindeiro 16 de decembro na Sede de Afundación ABANCA en Ferrol e contará con especialistas do ámbito xurídico e social.
Obxectivos das Xornadas
- Información Xurídica e Legal: Orientación sobre a normativa de estranxeiría vixente, tipos de autorizacións de residencia, procedementos de arraigo e renovaciones.
- Dereitos e Ámbito Laboral: Asesoramento sobre contratación, dereitos dos traballadores e acceso ao mercado de traballo en igualdade de condicións.
- Homologación e Emprego: Información sobre a homologación de títulos académicos e os itinerarios de inserción sociolaboral dispoñibles en Ferrolterra.
- Punto de Encontro Comunitario: Un espazo de diálogo entre a administración, as entidades sociais e a veciñanza migrante.
Contidos e Temas Principais
- Marco legal actual de Estranxeiría: Claves sobre os trámites máis demandados e procedementos de regularización.
- Orientación para o Emprego: Ferramentas para a procura activa de traballo e recursos de formación profesional.
- Acompañamento Social: Servizos de atención e asesoramento permanente do Patronato Concepción Arenal.
Solicitude de Información e Asistencia
Se desexas máis información sobre o programa das xornadas ou os servizos de orientación en estranxeiría e emprego do Patronato, podes contactar co noso equipo.
👉 Solicitar información ou contacto